Namentras a asociación veciñal vese ao borde de ter que abandonar o local cedido pola Autoridade Portuaria. Local que supón uns gastos de mantemento e aluguer que afogan a asociación, sen que o Goberno Municipal teña dado unha resposta axeitada e eficaz a esta situación. Esquerda Unida demanda, xa que logo, unha solución inmediata para a entidade veciñal en forma dun espazo que permita transitoriamente o desenvolvemento dun mínimo de actividades da asociación e veciñanza de Ferrol Vello, cun custe cero para a asociación veciñal.
Doutra banda, Javier Galán vai requerir na vindeira Comisión de Urbanismo a esixencia de que se formulen datas e compromisos concretos para rematar as obras. Non pode ser que o contrato para a execución das obras vaia vencido, as obras non avancen cos problemas do proxecto e namentras o Goberno non faga ren, producindo eso si trastornos a vida social de Ferrol Vello.
Non merece a cidadanía de Ferrol Vello a atonía dun Goberno que non é quen de xestionar o cotián. Abondo ten o barrio como para sumar a inacción do Goberno Municipal. Un día coas actividades extraescolares, outro coas obras do local social, mañá a Praza de España…