Local social para o barrio de Canido

 

     O grupo municipal de   esquerda unida comprometeu o seu apoio, diante da directiva veciñal de canido, para facer realidade o local social para o barrio. yolanda díaz, javier galán e sari alabau amosaron o seu respaldo a esta vella demanda veciñal, e afirmaron a vontade de eu de facer valer esta demanda na negociación dos orzamentos para 2011, de xeito que sexa unha das condicións necesarias para que eu faga seus os vindeiros orzamentos.

 

    Doutra banda, a nosa organización fixo un repaso das necesidades do barrio e anotou a existencia dun amplo grao de acordo coa asociación veciñal e manifestou a nosa plena vontade de traballar para superar as eivas e necesidades que aínda ten o barrio histórico de canido.

 

    Esquerda unida lembrou con ocasión desta visita a nosa proposta de facer realidade o museo da cidade e radicalo no barrio de canido, no inmoble  coñecido como chalet de canido, onde se radicaba a empresa fenya, e que foi obra de rodolfo ucha, marcando o tránsito do modernismo ao eclecticismo. estamos certos que a consecución deste equipamento contribuirá a dinamizar a vida do barrio, sendo ademáis un equipamento cultural que encherá un baleiro histórico até o de agora.

 

    Outra das reivindicacións que esquerda unida asume é a da dotación dun comedor social  para os residentes do barrio que así o precisen. os comedores sociais hoxendía constitúense como un dos recursos en benestar social que os barrios teñen a necesidade de posuír para atender a súa veciñanza.

 

    O  grupo municipal  compartiu as inquedanzas da asociación en relación coa necesidade da disciplina urbanística por canto hai toda unha serie de inmobles en moi malas condicións e que precisan de intervencións e da atención e seguimento dende a concellería de urbanismo.

 

    a necesidade de mellorar a seguridade nun barrio que conta con varias instalacións escolares  ou a necesidade de rematar a traza do alcantarillado foron outras das demandas veciñais, que esquerda unida vai desenvolver no seu traballo cotián nas diferentes comisións informativas do concello.

Relacionados