Lugo. Banca ao servizo da cidadanía

 

As intervencións e Fondos de Reestructuración Bancaria destinados a Caja Mediterráneo, Caja Castilla la Mancha, Catalunya Caixa e  Unnin, ascenden a máis de 18.000 millóns de Euros.

 

En Galicia, despois da fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia auspiciada polo Goberno do Partido Popular, o banco de España intervén a entidade e  posúe o 93% do capital da mesma a raíz do FROP declarado, cun custe de mais de 3.600 millóns de euros para as arcas do estado. Ademais, se indemniza con máis de 20 millóns de euros a catro dos seus exdirectivos sen que ninguén se dera por enterado nos consellos de administración nos que teñen representación PSOE, PP e BNG. Como tampouco se decatou o Alcalde de Lugo , o señor Orozco da venda a INDITEX do edificio da Caixa Galicia na Praza Maior, cando el era membro do consello de administración desta entidade. Mentres tanto a obra social, espallada por toda a provincia en forma de bibliotecas, residencias de estudiantes, sedes culturais, centros de maiores e escolas infantís, se ve abocada a desaparecer.

 

Dende Esquerda Unida apostamos pola transformación das Caixas de Aforro nun Sistema de Banca Pública, mediante a nacionalización das mesmas. Unha banca que axude as PEMES e autónomos, que colabore cos emprendedores e que favoreza o acceso a vivenda sen especular con este dereito fundamental.

 

Para Esquerda Unida os elementos esenciais dun modelo social de Banca Pública son:

· Criterio predominante de rendibilidade social, compatible coa eficiencia e os resultados positivos.

· Modelo de xestión que exclúe calquera operativa especulativa e/ou vinculada a paraísos fiscais.

· Participación democrática na xestión do Banco dos impositores, no seu caso, e dos traballadores.

 

En Esquerda Unida apostamos pola  recuperación da Banca Pública Especializada (Banco de Crédito Hipotecario, Banco de Crédito Local, Banco Exterior)

 

Defendemos a renacionalización da Caixa Postal de Aforros e a constitución a partir do Instituto de Crédito Oficial (ICO) de Axencias Públicas de Investimento en todas as CCAA.

 

En Esquerda unida, consideramos que as axudas recibidas pola Banca privada deben corresponderse con paquetes de capital de propiedade estatal, con todos os seus dereitos políticos e condicionados a un control máis esixente da operativa e os salarios dos executivos. Prohibición de repartir dividendos e conceder bonos ou calquera outro tipo de complemento ou estímulo retributivo ás institucións financeiras que estean a recibir axudas, avais ou apoios públicos. Porque en Esquerda Unida creemos que é mais importante rescatar as persoas que aos mercados e ás entidades financeiras.

Relacionados