Lugo. Crónica do fin de semana

Esquerda Unida continúa a súa campaña de contacto coa cidadanía, levando as propostas a pe de rúa. O venres, membros da candidatura, entre eles Ramón Vázquez e Isabel Sánchez, repartiron propaganda no mercado de abastos. Como anécdota humorística, dicir que os vendedores facían bromas aos membros de EU-V polo título do díptico electoral: Democracia ou mercados, ti elixes.

O sábado foi un día completo. Pola mañá un nutrido número de candidatos e militantes situaron a carpa electoral na rúa da Raíña e repartiron numerosa propaganda (dípticos, pegatinas, marcapáxinas, bolígrafos, etc) pero a sorpresa máis agradable foi o importante número de persoas que solicitaron o programa de EU-V. Por suposto, EU-V reparte o seu programa porque pode presumir dun texto elaborado trala participación de máis de 15.000 cidadáns e cidadás logo de máis de 500 asembleas en todo o Estado.

Pola tarde, chegou o turno de debate para o noso candidato, Ramón Vázquez, participou no Lugo Pregunta organizado polo Movemento 15-M de Lugo na Praza Maior. Unha estupenda iniciativa e ben organizada polo15-M que contou coas ausencias do PSOE e do PP. A este respecto Ramón comenzou a súa intervención destacando que “algo debe preocuparlles porque estamos condenados a non encontrarnos nos debates”, “onde están eles non nos invitan e onde estamos nós non aparecen”, dixo. Dúas horas contestando cuestións realizadas pola cidadanía presente e a través de internet, xunto coa candidata do BNG.

O domingo, visita a Meira e reparto polo pobo. Como tamén debe haber momentos de asueto, aproveitando a feira os candidatos e militantes “picaron” un pouco de polbo antes de regresar a Lugo.

Relacionados