Lugo. Ensino público de calidade

O goberno do PP leva recortado os cadros de persoal en mais de 1000 docentes, suprimiu a gratuidade dos libros de texto, pechou 8 comedores escolares, suprimiu mais de 300 ciclos formativos de FP e reduciu o presuposto en educación nun 7%, nun momento en que segue aumentando o alumnado. Isto sucede á vez que a Consellería adica 1020 millóns de euros ao ensino concertado para esta lexislatura, incluíndo a subvención a centros que segregan ao alumnado en función do seu sexo como e o caso dos centros Las Acacias, Montecastelo e Aloya en Vigo ou Montespiño e Peñaredonda na Coruña. Tamén se conceden novos concertos en zonas sen necesidade de escolarización como é o caso do Guillerme Brown e Miraflores de carácter ultracatólico en Ourense ou Santa María del Mar na Coruña.

Na provincia de Lugo, a estes recortes temos que engadir o peche de 10 escolas e a supresión de 3 comedores no rural.

Se alguén ten dúbida de cal é o programa oculto do PP, non ten mais que observar a política educativa desenvolta por este partido en Madrid, verdadeira punta de lanza dos recortes levados a cabo noutras comunidades autónomas.

En Madrid se viron recortados os presupostos de educación en 60 millóns de euros e se recortaron os cadros de persoal en 3000 docentes, que se suman aos 2000 recortados o curso pasado, o que implica a masificación das aulas con rateos de 30 e ata 40 alumnos. Todo isto sucede nunca comunidade na que perto do 50% do alumnado, vai xa a centro privados concertados e na que a matricula e adquisición de material para estes centros, desgrava a facenda nunca cantidade de 74 millóns de euros. Fronte a esta concepción do ensino, Esquerda Unida defende que a educación pública de calidade debe ser unha prioridade política porque contribúe á cohesión social e á formación de persoas máis iguais, máis libres e máis críticas. Esquerda Unida reitera o seu compromiso en defensa dunha educación pública e laica de calidade e defendemos que a educación pública é un investimento, non un gasto. Unha educación pública de calidade é aquela que dá resposta ás diversas necesidades educativas do conxunto da poboación para lograr o seu éxito escolar, mediante unha efectiva igualdade de oportunidades.

As principais propostas de Esquerda Unida en materia educativa son:

– Ampliación da rede de escolas infantís de titularidade e xestión pública até cubrir toda a demanda de escolarización de 0 a 6 anos, especialmente no ciclo de 0 a 3 anos.

– Redución da rateo a 20 estudantes por aula como máximo nos ensinos obrigatorios.

– Gratuidade de libros e materiais didácticos de aula para facer efectiva a gratuidade do ensino básico.

– Sistema integral de bolsas e axudas ao estudo e gratuidade dos comedores escolares.

– Integración no sistema xeral das ensinanzas de réxime especial (Música, Danza, Arte Dramática e Artes Plásticas).

– Creación dunha rede pública suficiente de centros integrados de FP en coordinación coas CCAA.

– Impulsar cambios curriculares, metodolóxicos e organizativos que permitan dar resposta á diversidade do alumnado.

– Incorporar novos perfís profesionais na escola:

de educación social, de traballo social, de mediación intercultural…

– Estender os Programas de Reforzo, Orientación e Apoio, fóra do horario lectivo, a todos os centros públicos.

– Modificar a normativa necesaria co obxectivo de chegar a supresión progresiva dos concertos educativos, abrindo vías para avanzar cara a unha rede única de centros públicos.

– O chan público só para os centros públicos. Impedir cesións de chan municipal destinadas a centros privados concertados.

– Derrogación dos acordos co Vaticano e con outras confesións relixiosas para que calquera relixión quede fora do currículo escolar.

– Implantación de software libre de código aberto no sistema educativo e organizar desde a Administración Educativa unha rede de recursos dixitais, públicos, gratuítos e compartidos (wikieduca).

– Corpo único de profesorado, a partir dunha formación inicial con rango de posgrado.

– Aumento dos persoais de persoal docente e non docente para unha efectiva atención á diversidade ao longo de toda a escolaridade.

– Impulsar a participación da comunidade escolar en planificación educativa, potenciando o asociacionismo e o papel dos Consellos Escolares de centro, municipais, de distrito, das Comunidades e do Estado.

-Cumprimento inmediato o mandato de LÓE para igualar o gasto público educativo á media europea e que se aumente progresivamente até alcanzar un 7% do PIB, destinando ademais un 2% do PIB á Educación Superior.

-Establecer como obxectivo a gratuidade dos estudos universitarios, priorizándoa nos de Grao.

-Paralizar a Estratexia Universidade 2015 e abrir un debate social con toda a comunidade universitaria sobre a Universidade que realmente se necesita.

-Revisión do sistema de titulacións do proceso de Bolonia evitando en todo caso o seu supeditación ás empresas privadas.

-Para todo iso requírese incrementar o financiamento das universidades públicas até alcanzar o 2% do PIB, traducido nun gasto por alumno e alumna/ ano equivalente á medida universitaria europea.

Relacionados