Lugo. Proposta PEME e Autónomos

 

En España o 55,2 % das empresas son empresas sen ningún traballador (fundamentalmente autónomos) e outro 39% son empresas de 1 a 9 traballadores. Polo tanto as pequenas empresas e os autónomos conforman máis do 95 % do tecido empresarial do país, o 99% no caso de Galicia. Existen 3.117.000 persoas dadas de alta na Seguridade social como traballadores autónomos.

 

Mentres o señor Zapatero se reúne na Moncloa cos 44 directivos das maiores empresas españolas para abordar as reformas laborais, José Blanco con outros nas estacións de servizo para escoitar as súas propostas e Feijoo fai o mesmo no seu despacho, moitas pequenas empresas se ven abocadas a pechar ou pasar por serias dificultades para saír adiante sen que ninguén escoite as súas demandas. Así, no último ano levan pechado 962 empresas na provincia de Lugo, 66 no mes de setembro segundo os datos da Seguridade Social. Se temos en conta que as pequenas empresas contratan o 85% dos postos de traballo, un dos motores para a creación de emprego debe ser establecer políticas de apoio a este sector.

 

Algunhas das principais medidas concretas de Esquerda Unida neste eido son:

– Crearemos o Programa “primeiro traballador” para fomentar a contratación de traballadores por parte de PEME e autónomos mediante unha subvención durante dous anos a realización do primeiro contrato indefinido. Así, as empresas sen traballadores que accedan a esta subvención descontarían do Imposto de sociedades, IRPF ou IVE segundo o caso, o 30% da retribución bruta o primeiro ano, ate un máximo de 6.000 € e no segundo ano un 20% ate un máximo de 4.000 €.

 

– Estableceremos un Convenio entre o ICO e as Caixas de Aforro para facilitar crédito ás empresas avaladas polas Sociedades de Garantías Recíprocas, en condicións de interese preferentes.

 

– Subvencionaremos os intereses de préstamos da liña ICO-SGR en 3 puntos para empresas e autónomos de menos de 10 traballadores que serán facilitados directamente polo ICO.

 

– Reservaremos un 30% dos contratos e licitacións das Administracións Públicas, cuxos gastos de persoal supere o 50% do valor total do contrato, a empresas de menos de 20 traballadores.

 

– Reduciremos do prazo de pago das Administracións públicas e privadas aos seus provedores a 30 días e creación dunha conta fiscal que asegure o cobro das administracións públicas cos provedores unha vez pasados eses 30 días.

 

-Atrasaremos a obrigatoriedade do ingreso do IVE hasta que a factura teña sido efectivamente cobrada.

 

-Apoiaremos especificamente a pequena empresa agraria e ós autónomos do campo. A poboación activa na agricultura descendeu do 8% ao 4%, á vez que a dependencia da nosa agricultura das importacións é crecente. O impacto da Política Agraria Comunitaria (PAC) na nosa economía agraria non é positiva pois ten como único eixe o abaratamento dos prezos. O diferencial entre o pagado ó agricultor e o pagado polo consumidor se sitúa entre o 400% e o 500%. Faise imprescindible unha reforma da PAC, desenvolver un plan de soberanía alimentaria dando prioridade ós productos locais fronte ós monopolios e grandes corporacións e fomentar a agricultura e gandería ecolóxica.

Relacionados