Lugo propostas infraestruturas

 

A función do transporte é garantir a accesibilidade aos bens, servizos e contactos coas demais persoas, independentemente do lugar onde se viva, da renta, edade ou xénero. Crear accesibilidade coa mínima movilidade, sen xenerar máis movilidade da necesaria cun sistema de transporte universal e público.

 

Moitas das autovías e autopistas construídas nos últimos anos, foron deseñadas para un numero de vehículos moi superior ao tráfico que de verdade rexistran, e son polo tanto deficitarias e innecesarias. Un claro exemplo deste tipo de despilfarro son as autopistas radiais de Madrid  R2, R3 , R4 e R5 cun trafico medio diario dun 30% do previsto e que fai necesario a transferencia dunha grande cantidade de cartos a modo de subsidio a empresa concesionaria, o que hai que engadir un custe de mais de 2500 millóns de euros na súa construcción . E hai moitos outros exemplos como a M12  e a  AP 41  de Madrid, a AP 46 de Ocaña, a circunvalación de Alacante etc, etc.

 

Mentres tanto, outras obras da Provincia de Lugo como é o caso da Autovía da costa, a autovía Lugo- Santiago ou o corredor Sarria Monforte, se eternizan na súa construcción ou ven paralizadas as súas obras.

 

Algo moi semellante sucede co tema dos Aeroportos. Mentres que Alemania, un pais con 82 millóns de habitantes e o triple do PIB do noso territorio ten 38 aeroportos, España ten nada mais e nada menos que 50 aeroportos e varios máis en vías de construcción. O caso mais sangrante e o do Aeroporto de Castellón, cun custe de máis de 150 millóns de euros e sen ningunha compañía aérea operando nel, pero hai moitos outros tamén gravemente deficitarios como o dos Aeroportos de Huesca (40 mill de E), Lleida (100 mill. de E), Cidade Real (1000 mill. de E), León ou Albacete, nos que se ronda o 20% de tránsito de pasaxeiros previsto e necesario para rentabilizar a súa posta en funcionamento.

 

Existen zonas, como nos arredores de Victoria onde hai 5 aeroportos a menos de 100 Km(Burgos , Logroño, Pamplona, san Sebastián, Bilbao e Santander). Por se fora pouco, isto implica que se teña que subsidiar con diñeiro publico as compañías de baixo custo para que se manteñan nos aeroportos cun número de pasaxeiros inferior ó previsto. En 2011 a Xunta de Galicia destinou mais de 3 millóns de euros para soster voos coas compañías low cost nos aeroportos galegos. E o actual ministro de Fomento, o que privatiza AENA, chegou a prometer un aeroporto para a Capital en Rozas nunca comunidade na que xa existen outros tres.

 

Contrariamente ó que puidera pensarse, España con 14.689 Km ( 31-12-2007)   é o 3º pais do mundo con mais quilómetros de vías de alta velocidade, soamente superado por USA e China, países con unhas dimensións moi superiores, e supera con creces a Alemaña, Francia ou Reino Unido. Ademais ten 1.963 Km de nova construcción e 1.781 en construcción ( que fan un total de3744 km).

 

O ministerio de Fomento do candidato por Lugo do PSOE , Pepe Blanco, ven de anunciar o peche da liña Toledo- Cuenca –Albacete por deficitaria, despois dunha inversión de 3500 millóns de Euros. E hai moitas outras moi deficitarias, como a liña a Valladolid como o propio Fomento recoñece. España transportou en AVE no ano 2008 a 16 mill. de pasaxeiros mentres que Francia transportou a 113 millóns  e Xapón a 300 mill cunha rede bastante inferior de liñas de alta velocidade.

 

No caso da Provincia de  Lugo, e mentres a posibilidade os prazos e as previsións sobre a existencia dun liña de AVE se dilúen no tempo, seguimos contando cunha rede viaria do século XIX sen dobre vía e sen electrificar, con medias de velocidade inferiores aos 50 Km /h, con frecuencias , tempos e combinacións  insufribles.

 

Dende Esquerda Unida defendemos un plan de transportes e infraestructuras sostible e viable. Porque a o diñeiro publico  vai dirixido a licitar as obras necesarias e non a soster a cleptocracia vixente na actualidade. Porque para xerar riqueza, ademais de construír infraestructuras, é necesario optimizar os recursos e dirixir os cartos de todos a crear emprego, mellorar os servicios sociais, mudar o modelo productivo, crear tecido empresarial ou axudar as pequenas empresas.

Relacionados