Lugo. Sanidade Pública

 

 

O Bipartidismo é o mellor seguro de viaxe para a minoría e os seus privilexios. Isto é claramente perceptible na paulatina privatización da sanidade. O bipartidismo é o representante dos chamados “mercados”, que puxeron na diana a sanidade e a educación públicas. Queren privatizalos porque o que para nós son dereitos para os depredadores son negocios, e as empresas privadas queren controlar os servizos sanitarios para enriquecerse ainda máis a costa da cidadanía.

 

Un exemplo claro. En Lugo, a Xunta de Galicia xa entregou a varias empresas privadas a xestión e explotación de moitos dos servizos do HULA (Hospital Lucus Augusti): informática, lavanderia, recollida da roupa e o seu traslado, arquivo de historias clinicas, servizos de limpeza e aparcamentos, entre outros.

 

Por contra, o obxectivo de EU-V en materia de Sanidade é a defensa do Sistema de Saúde en todo o seu carácter conquistado: público, universal, de calidade, integral, solidario e de equidade garantida. Consideramos que o seu obxectivo irrenunciable é o de dar a cobertura e servizos para garantir o dereito constitucional da cidadanía á protección da saúde, sen discriminación de ningún tipo. E non só na vertente reparadora ou curativa senón tamén nas accións de prevención e promoción de saúde.

 

Entendemos que a saúde é un dereito e non unha mercadoría, polo que defendemos a universalización da sanidade como prestación non contributiva e dereito subxectivo. Neste sentido, defendemos o carácter público do sistema de saúde, sen modelos “híbridos- mixtos” nin fórmulas parasitarias, sempre orientadas cara ao beneficio do mercado.

 

Algunhas das nosas principais propostas son:

 Universalizaremos a sanidade como prestación non contributiva e dereito subxectivocidadán.

 Ampliaremos o catálogo de coberturas sanitarias incluíndo óptica, ortopedia e saúde bucodental.

 Financiaremos adicionalmente a sanidade tendo como indicador ou referencia a aproximación nun 1% adicional do PIB (5’7 a 6’7).

– Financiaremos e dotaremos substancialmente o Fondo de Cohesión para financiar equidade e estratexias.

 Rexeitaremos o copago (re-pago) na asistencia sanitaria.

 Recoñeceremos e especialidade de Psicoloxía e incluirémola no catálogo de especialidades de saúde.

 Garantiremos a participación dos traballadores, usuarios e poboación no control e planificación dos servizos de saúde, organizándoos “de abaixo cara arriba ” e non ao revés.

 Dereito a unha morte digna. Para avanzar na autonomía do individuo porque a nosa vida perténcenos a cada un de nós.

– Regularemos a obxeción de conciencia dos profesionais sanitarios, e garantiremos o cumprimento da lexislación vixente para que a interrupción voluntaria do embarazo se realice en centros públicos, evitando a derivación a centros privados.

 Crearemos un comité de enfermidades raras, para que ninguén quede excluido da cobertura sanitaria. EU-V garantirá a atención sanitaria pública aos colectivos sociais afectados por enfermedades raras e minoritarias.

 Racionalizaremos o gasto da prestación farmacéutica e adoptaremos medidas de uso racional do medicamento.

 

Relacionados