Para o Coordinador de Esquerda Unida a Xunta e o Goberno non están poñendo tódolos medios a disposición da cidadanía, xa que a primeira medida debe ser a de prevención, unha prevención que cuns presupostos austeros non se está levando a cabo.
A política de contratar peóns temporeiros para as labores de extinción de incendios, política compartida tanto polo PP como polo PSOE, ademáis de ser unha forma de explotación dos traballadores e de mantelos na precariedade, indica unha total despreocupación polo monte.
Con catro millóns de parados en España e preto dos trescentos mil parados na comunidade Galega, o PSOE e PP seguen sen querer darlle unha resposta digna a clase obreira, non están dispostos a crear postos de traballo públicos, prefiren gastar mais con menos resultados, prefiren darlle os cartos a empresas subcontratadas privadas para as tarefas de limpeza dos montes, en vez de contratar funcionarios públicos.
Para Esquerda Unida a profesionalizacion nos servicios de prevención é a solución xa que para que o monte non arda cando chega o verán, debe estar coidado, e iso solo se fai nos nove meses anteriores.
A dúas ultimas mortes de dous traballadores, son consecuencia directa de unha mala política forestal. O PP e PSOE só lles importou a foto e a parcela horaria nos medios televisivos. Agora abrirán unha investigación e finalmente e coma sempre, intentarán que o ultimo responsable da brigada cargue coa responsabilidade do sucedido en vez de seren condenados eles mesmos por non ter posto os medios necesarios para evitalo.Os verdugos do abandono do monte galego, e de tódolos seus desenlaces preséntanse na sociedade coma VICTIMAS, utilizando coma sempre os medios de comunicación.