en protesta polos despedimentos inxustos e arbitrarios que está a levar a cabo esta empresa, aproveitando unha reforma laboral infame e contribuíndo a desarticulación comercial da comarca de Ferrolterra.
Ademais, estanse a impoñer condicións inasumibles en termos de dignidade para a clase traballadora, en cuestións de horario, xornada, calendario laboral para o 2013,… condicións que nos achegan ao século XIX e nos converten en desharrapados obreiros fabrís, máis propia do período previo á Revolución Industrial, que agora se disfraza e transmuta nun mercado laboral que aplica as máximas do neoliberalismo e a escola de Chicago.
Esquerda Unida non pode deixar de apoiar esta convocatoria, e todas as que se convoquen nunha comarca condeada á fame, que ve cada día como ERES e peches de empresas, como Bricoking, Clece, Maessa, Tecnymo, e tantas outras deixan a poboación nunha situación total de desamparo, sen unha renda social mínima garantida e sen posibilidade de buscar unha saída, por falta de apoio dunha administración tecnócrata, que ten a única obsesión de rebaixar o déficit a costa dos dereitos sociais e económicos da cidadanía.