Luns didácticos

Esquerda Unida propón a creación dun Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) para reactivar a economía local, unha ferramenta efectiva para autónomos, PEME e cooperativas, xa que pretende cubrir as necesidades básicas ás que se enfrontan os emprendedores, para que podan centrar o seu esforzo na súa actividade produtiva sen perder o tempo en outras actividades auxiliares necesarias para manter a actividade e rachar así coa barreira burocrática que na practica desaléntea a moitos emprendedores a iniciar unha actividade e bloquea aos que xa a están a desenvolver.

Así, mediante unha taxa que cubra custos de xestión o Concello xestionaría mediante recursos propios e convenios con empresas locais a prestación de servizos administrativos, das TIC (informáticos e comunicacións), de loxística, de asesoramento contábel, laboral ou tributario e incluso o acceso a oficinas administrativas.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta o SIAME como alicerce fundamental das políticas encamiñadas a cambiar o modelo produtivo local, actuando de argamasa das distintas iniciativas. O servizo pretende aglutinar a distintos departamentos municipais como os servizos desenvolvidos polos técnicos de emprego, o viveiro de empresas, as políticas activas de emprego, comercio, turismo, formación, contratación e outros relacionados que na actualidade actúan de maneira independente. Con esta reestruturación actuarase de maneira sinérxica e coordinada, ofertando ao tecido produtivo local unha solución baseada nos criterios desenvolvidos polos expertos da economía do ben común, de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), da sostenibilidade e do peak-oil, para que as nosas empresas señan menos dependentes do petróleo, máis competitivas, xeren emprego sustentable de calidade e xeren riqueza local.

César Santiso, indicou que “para promover o cambio do modelo produtivo necesitamos desta ferramenta transversal que aglutine medidas encamiñadas á sostibilidade social, económica e medioambiental. O  SIAME terá como requisito de acceso o compromiso real dos emprendedores a desenvolver este tipo de medidas definidas nun plan de acción individualizado por empresa, máis ao mesmo tempo o Concello mediante feed-back tamén as asumirá nos seu funcionamento, incluídoas nos pregos de condicións para a contratación de servizos, obras ou subministración, retroalimentando así ao tecido produtivo e pechando o ciclo económico local. 

 

Relacionados