Mafia financeira,mafia electoral

Esquerda Unida, acusación particular na denuncia contra o carrexo de votos do PP nas eleccións autonómicas de 2012 en Lugo, vén de dar unha roda de prensa na que acusou ao PP de operar dende a ilegalidade para gañar as eleccións.

O colexio electoral de Lugo, foi un dos múltiples lugares nos que “o Partido Popular levou ás urnas a persoas que como demostra o informe forense, entre outras afeccións, “presentan desorientación temporo-espacial, alteracións da memoria e cognitivas en rango importante”, o que vén a reafirmar o tradiciona modus operandi do PP en época electoral” manifestaba Ramón Vázquez, deputado de AGE e coordinador comarcal de EU Lugo quen presenciou esta acción.

Por outra banda o responsable de relacións institucionais de Esquerda Unida, Carlos Portomeñe afirmaba que “o carrexo das persoas do asilo das “Hermanitas dos ancianos desamparados”, é un máis de tantos carrexos que se dá sobre todo polo rural galego, o PP gaña as eleccións a base de carrexar e polo tanto manipular o voto das persoas para o seu propio beneficio”.

Lembramos que entre os catro imputados, atópase o sr. Iravedra, ex presidente do PP de Lugo, actual conselleiro delegado da TVG e vocal do comité executivo do PP, quen transladaba a unha persoa diagnosticada de alzheimer e con demencia senil avanzada, ao igual que a ex-concelleira do PP en Lugo, a señora Tareixa Taboada, que segundo as dilixencias, trasladaba tamén a unha persoa con demencia.

Esquerda Unida como parte e testigo deste delito, agarda que a lei recaia sobre os imputados que se enfrentan a unhas penas de entre 3 e 6 anos por este grave delicto que sobre todo é un trato indigno de cara a estas persoas.

Polo tanto, con todo isto, o Partido Popular se vén a confirmar como un partido político mafioso no ámbito financeiro e tamén mafioso no ámbito electoral co único fin de manterse no poder.

Para rematar a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, esixiu que “o presidente da Xunta de Galicia, o señor Feijóo, debe de asumir a ilexitimidade do seu goberno que acadou o poder grazas ás prácticas corruptas do seu propio partido” asimesmo esixía o cese inmediatos do señor Iravedra e depure as responsabilidade política do señor Barreiro.

O vindeiro día 30 de outubro terá lugar a declaración dos imputados no xuzgado nº2 de Lugo.

Relacionados