Maior atención á cidadanía

 

Esquerda Unida solicita ao Goberno municipal unha maior atención ás demandas da veciñanza, logo de detectar importantes eivas comunicativas entre o Goberno municipal e a cidadanía coruñesa, así veciños de distintos barrios como os do Castrillón, Monte Alto ou O Birloque, están a queixarse de falta de dialogo por parte do Goberno do PP. Algo que non é de estrañar porque os concelleiros de barrio están a actuar de tapón entre a veciñanza e o Concello, debido a necesidade de pasar polo seu filtro para poder ser atendidos pola concellería á que lle demandan unha determinada actuación. Ademais, estes concelleiros teñen outras ocupacións institucionais, polo que as demandas da cidadanía sofren atraso, cando non son obviadas directamente.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta a todos os grupos municipais a renunciar a exercer calquera tipo de control sobre o movemento veciñal, pois vemos con preocupación as polémicas sobre as tinguiduras políticas das AA.VV, no cando o único importante é solucionar os problemas da cidadanía, sen responder a intereses políticos nin personalistas. Non podemos entender como uns veciños son atendidos e outros non polo mero feito de no coincidir no tipo de políticas que desenvolva o Goberno de quenda.

 

Dende EU-V instamos ao Goberno locala desenvolver o regulamento de participación cidadá e cumprir, así, coa legalidade vixente. Xa que o devandito regulamento emana da Lei das grandes cidades que obrigaba a súa creación, máis na Coruña nunca chegou a desenvolverse, con todo nós apostamos por outra forma de facer política municipal, na que a opinión da veciñanza conta, na que se procuran espazos de comunicación e debate, porque apostamos polo empoderamento da cidadanía, xusto o contrario do que está a facer o PP que busca estruturas clientelistas nas que os concelleiros son meros conseguidores de favores en lugar de outorgadores de dereitos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si o Goberno municipal non permite a participación da veciñanza, será Esquerda Unida quen leve a súa voz ao Pleno do Concello a través das Asembleas de Barrio”.

 

Santiso indicou en relación co regulamento de participación cidadá, “semella que tanto o bipartito como agora o PP prefiren gobernar sen escoitar e debater coa a cidadanía, ao máis puro estilo do despotismo ilustrado todo para o pobo, pero sen o pobo, pois ningún fixo nada por poñer en funcionamento o regulamento de participación cidadá”.

Relacionados