Os 450 traballadores da fabrica de Alcoa na Coruña, que suman case un milleiro cos da factoría de Avilés, están a pasar una dura situación, con ERE e perigo de peche incluídos, por mor dos recortes de producción da multinacional do aluminio.
A multinacional recortará a súa capacidade de producción neste ano 2012 unhas 90.000 toneladas nas plantas de Avilés e A Coruña, eso significa unha reducción do 50% da capacidade de ambas as dúas plantas, o que ven a supoñer unha redución catro veces superior en máis a media mundial situada nun 12%, debido a que estas plantas están entre as de maior custes de produción, debido ao elevado e pouco competitivo prezo da enerxía no noso país.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera vaga e indefinida a resposta do Goberno de España á pregunta parlamentar presentada polo deputado de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, para coñecer a posición do Goberno diante desta situación, así como as medidas que pretende aplicar para evitar unha máis que posíbel deslocalización. O Goberno do PP, non dubidou en aplicar con man de ferro unha reforma laboral que coarta dereitos as familias traballadoras, baixo a falaz premisa da mellorara da competitividade das empresas, máis dubida e amedréntase cando en aras a dita mellora da competitividade empresarial, ten que aplicar medidas en contra do grande capital, neste caso representado nas eléctricas.
Xa que logo, Esquerda Unida demanda ao Goberno do Estado unha maior implicación en relación coa fabrica de aluminio Alcoa, pois semella fundamental que nestes momentos de grave crise económica e paralización da economía produtiva, o Goberno desenvolva todas as medidas necesarias para crear as condicións óptimas para o tecido produtivo. Con todo, o Goberno do PP en lugar de afirmar sen ambaxes a súa intención de pular decididamente por reducir os prezos da enerxía para que sexa competitivo e evite a deslocalizacións das empresas, utiliza unha linguaxe dispersa e pouco concreta, temeroso de afrontarse ás grandes empresas eléctricas do noso país. Así na súa resposta, cando fala de mellorar a competitivadade empresarial, en lugar dun compromiso sincero di “Racionalización do custe da enerxía co obxecto de dispor dun mix enerxético cuxo custe, como imput industrial, non sexa unha restricción adicional á capacidade de competir co resto do mundo”, expresión que non deixa de ser un mero principio, pero que en ningún caso significa compromiso algún.
Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “esta resposta non nos satisfai e tampouco cumpre coa moción aprobada por unanimidade no concello coruñés”, que na súa parte resolutiva instaba ao Goberno central “a buscar solucións para o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo amenazados que permitan alcanzar tarifas enerxéticas competitivas para as grandes consumidoras, especialmente no caso de ALCOA”.
César Santiso solicitou que “o alcalde defenda en Madrid, diante dos seus compañeiros de partido, os intereses da Coruña. Que esixa unha aposta decidida polo abaratamento da enerxía para as grandes consumidoras, o futuro de 450 familias traballadoras depende das súas xestións”.