Máis de 100 de despedimentos

Segundo informounos o Comité de Empresa a compañía alega “unha suposta diminución do volume de chamadas do servizo”, dato que non é certo porque o que está a facer a empresa é desviar a carga de traballo para xustificar uns despedimentos de marcado carácter deslocalizador. O grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes  quere mostrar a súa solidariedade e apoio ás traballadoras e traballadores de atento ás que a empresa lle ven de anunciar más de 100 despedimentos.

A reforma laboral aprobada polo goberno central afundiu máis as súas raíces en satisfacer formulacións de orde ideolóxico que en atender as demandas de carácter socioeconómico baseadas no interese xeral e no equilibrio de relacións sociais e económicas dunha sociedade democraticamente avanzada. Basicamente porque esta reforma concedeu “barra libre” a que con vanas xustificacións, inconsistentes para demostrar a inviabilidade de calquera tipo de actividade económica, poidan realizar despedimentos, tanto colectivos como individuais. Esquerda Unida considera que esta é outra mostra do inxusta que é a reforma laboral, aprobada polo PP, e o poder que lle da ás grandes empresas fronte aos traballadores.

Asemade, a deslocalización está a provocar unha enorme perda de postos de traballo na Coruña, polo que urxe combatela con iniciativas que melloren as condicións laborais dos teleoperadores. O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “propoñemos que o Concello deixe de adquirir bens e servizos a empresas que despiden a traballadores coruñeses, si Atento da servizo a Movistar e esta ten contratos municipais, o concello debería rescindir os contratos a no ser que Atento reconsidere a súa actitude”.

César Santiso salientou que “non cabe dúbida que este é un novo ataque contra as familias traballadoras coruñesas, o goberno municipal debería condenar a actitude de Atento e actuar en consecuencia  que co único motivo de incrementar a súa conta de resultados, deslocaliza baixo falsos pretextos os seus servizos de atención ao cliente causando así despedimentos masivos”.

Relacionados