Aínda no día de hoxe, as mulleres e homes de Esquerda Unida, con Yolanda Díaz e Javier Galán á cabeza pasearon e recolleron apoios no feirón de Recimil, onde centos de persoas amosaron o seu rexeitamento a unha nova suba da auga e a favor dun cambio radical na xestión deste ben público fundamental. A súa oposición a expresaron asinando a INICIATIVA POPULAR.
Logo dunha semana de campaña, Esquerda Unida xa ten pregos de sinaturas a prol da remunicipalización do servizo de augas e do saneamento con máis de dúas mil sinaturas de veciñas e veciños de Ferrol. Entendemos que un número de sinaturas tan notable nun periodo tan curto de tempo explícase pola ampla maioría social que na nosa cidade avoga por outra política en materia da auga.
A nosa organización vai poñer mañá unha nova mesa de recollida no Ensanche, na propia praza do Inferniño, para facilitar a nosa veciñanza que amose o seu apoio a esta campaña social.
Esquerda Unida anima á cidadanía a encher con sinaturas de apoio unha nova política de augas, baseada no social, público e sustentable.