Máis privatizacións

Elementos que na consideración do noso Grupo teñen que ser administrados por persoal público como vén sendo ate agora.

Se privatiza o que realizan perfectamente traballadoras e traballadores do concello e non hai outra razón que favorecer a empresas privadas para que fagan negocio contra o noso peto. Non hai economías cando se trata de achegar cartos ao sector privado, como neste caso contempla o prego do servizo de vixiancia e servizos complementarios para centros e instalacións do concello, prego que vainos custar á cidadanía sobre 420.000 euros.

Javier Galán denuncia que se privatiza para axudar a facer negocios privados cos nosos cartos: prexuízo ideolóxico e despilfarro de recursos públicos presiden o mal quefacer do PP. Alomenos hai unha parte das funcións que se queren privatizar que se poden cubrir coa plantilla do concello, como se vén facendo ate agora, caso do servizo de atención á cidadanía e o telefónico.

Esquerda Unida reafirma a súa confianza nas capacidades da plantilla municipal para realizar estas tarefas que agora se queren privatizar e para facelo nas mellores condicións económicas para a nosa cidadanía. Desgrazadamente o PP non confía nas empregadas e empregados do concello.

EU lamenta a impostura do PP que pretextando austeridade privatiza e o fai cun custo netamente superior o que tería este servizo de manterse en mans das traballadoras e traballadores do concello.

Relacionados