Malgasto de auga

Esquerda Unida denuncia o malgasto de auga debido a faios nos sistemas de rego das zonas verdes municipais. Nesta ocasión é a veciñanza do Ventorrillo nos informa que xa dende antes de comezar as festas do Nadal, apesares da choiva  e a humidade existentes está a saltar o rego automático na zona axardinada que está situada fronte á Escola Infantil do Ventorrillo, chegando a correr o auga até a zona de calle Alcalde Salorio Suárez á altura da cabina de teléfono.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que o goberno municipal esixa ás empresas concesionarias que revisen o estado dos sistemas de rego e os desconecten durante os meses invernais, porque dende o mes de outubro ata maio, debido a humidade existente, non é necesario o rego. Con todo no caso de sufrir unha ola de calor ou seca excepcional poderíanse abrir de forma manual.

Esta iniciativa que aforraría moita auga nunca poñería en perigo de seca as zonas verdes, debido a que as zonas son constantemente inspeccionadas polos xardineiros das concesionarias teñen que facer labores de mantemento periódicas como cortar o céspede ou facer as podas das árbores e arbustos.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella paradigmático que o goberno municipal incremente o recibo do auga en 10 euros argumentando falazmente que o fai para equilibrar os custes do servizo e logo malgaste milleiros de litros por eivas nos sistemas de rego”.

 

Relacionados