Malgasto de miles de litros de auga

 

A emisión de Gases de Efecto Invernadoiro están a facer cambiar drasticamente as condicións do clima, o incremento de temperaturas provocadas polo cambio climático están ameazando con converter a Península Ibérica nun deserto logo do paso dunhas décadas.

Esta situación de crise hídrica está a visualizarse con claridade neste ano onde estamos a pasar uns dos veranos e comezos de outono con menos precipitacións das últimas décadas. Así as secas están a provocar a aparición de múltiples lumes nunhas épocas pouco usuais e as reservas hídricas atopasen baixo mínimos, como se pode comprobar no encoiro de Cecebre. Tal é así que no caso de seguir sen precipitacións os coruñeses e coruñesas temos unha seria ameaza de restriccións na subministración de auga.

 

EMALCSA está a desenvolver a campaña “cuida cada gota”, o propio alcalde está a transmitir a cidadanía a necesidade de reducir o consumo e facer un uso responsábel dun ben escaso.

 

Mentres a Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa denunciou xa no mes de xullo o enorme malgasto de auga que se producía dende meses atrás, mais ata agora nada se fixo.

 

Xa que logo, o grupo municipal de EU-V pregunta ao Goberno local si ten pensado arranxar as canalizacións de augas rachadas baixo os escombros das chabolas nas zona de casas brancas

 

Esquerda Unida entende que os poderes públicos deberían ser os primeiros en desenvolver todas as accións necesarias para evitar as perdas de auga na rede de distribución, onde prodúcese unha cantidade sumamente importante de perdas.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o malgaste de auga debido a eivas do Concello é inaceptábel, máis agora que as reservas hídricas están claramente comprometidas”.

 

Membros de EU acudiron a zona e observaron como miles de litros de auga estanse a malgastar como pódese apreciar na fotografía. 

 

Relacionados