Malgasto na Avda. de Oza

 

Tanto as primeiras obras como as actuais as está a desenvolver o Concello a través da concellería de Infraestruturas, algo incomprensíbel pois a remodelación rematou fai tan so 16 meses.

 

Esquerda Unida considera un malgasto que o Concello utilice os servizos municipais para arranxar a calzada da Avda. de Oza, non cabe dúbida de que o problema existía dende fai tempo, como viña denunciando a asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros, e xa que logo tiña que resolverse pois supoñía un risco para a seguridade do tráfico e unha molestia para a veciñanza. Mais o rápido deterioro do firme nun período tan curto suxire eivas na obra acometida, motivo polo cal lamentamos que o goberno municipal permitise que o período de garantía expirase sen esixir a reparación dos danos á empresa construtora, o que constitúe un grave erro de xestión por parte do PP que en lugar de velar polos intereses dos coruñeses e coruñesas, permite con esta actuación que a empresa construtora evite ter que facer fronte aos custos de reparación, que agora tense que desenvolver a conta dos cartos públicos do Concello.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal polo custe destas actuacións e porque non actuou antes de que expirase o prazo de garantía esixindo a súa reparación a empresa construtora, a pesares de que xa se sabía de danos na obra executada,. Non debemos esquecer que esta ultima actuación é de certa envergadura pois substituiranse 1.413 m2 de aglomerado, se abrirá unha gabia de 50 cm. Por metro e medio de ancho en 400 m. de estrada, calculándose a duración dos traballos nuns 10 días.

 

Por outra banda, preguntarase tamén si se terán en conta este tipo de eivas á hora de desenvolver novas contratacións, xa que normalmente prodúcense preto do tempo de expiración da garantía no que semella unha artimaña por parte das construtoras adxudicatarias para aforrar custes a consta de perder calidade en técnicas e materiais utilizados.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “curiosamente estas actuacións desenvolvese cos cartos de todos e todas, tres meses despois de que se cumprise o ano de garantía, a pesares de que tempo atrás a A.VV. Oza-Gaiteira-Os Castros xa tiña denunciado os defectos, semella inadmisíbel que un goberno que presume de austeridade e de aforro, teña semellante “descoido” cunha construtora”.

Relacionados