Esquerda Unida denuncia a aparición de animais abandonados mortos de xeito violento. Efectivamente unha xestora de colonias felinas detectou en instalacións portuarias os cadáveres de varios gatiños literalmente “machacados”. Estas mortes xa foron denunciadas perante a Policía Nacional.
Segundo a Lei 1/93 de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, corresponde al Alcalde a figura superior en materia de benestar e protección animal no termo municipal, e seguindo esta aseveración normativa, entendemos que hai que tomar medidas urxentes para evitar novos casos de violencia como os aparecidos. A pesares de ser producir nun terreo responsabilidade da Autoridade Portuaria, é innegable que o responsable ou responsables destes actos da máis extrema violencia contra os animais poden repetir as accións no municipio.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha pregunta a instancias da asociación animalista libera debido ao incremento de casos de maltrato animal no concello, concretamente:
¿Ten coñecemento o Goberno Municipal dos casos de maltrato animal descritos?
¿É consciente o goberno local que estas conductas violentas xeran alarma entre a cidadanía?
¿Pensa o Goberno desenvolver algunha das iniciativas propostas nesta pregunta? En caso positivo ¿cales?, en caso negativo ¿ten previsto algunha acción de resposta?
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”en contraposición coa Coruña, outros concellos desenvolven accións de sensibilización en materia de prevención, de empoderamento para denunciar casos de maltrato animal ou para promover condutas responsables coas mascotas”. Hai municipios que van máis alá e ofrecen cursos de formación para os e as axentes da Policía Local en materia de protección animal. Como exemplo pódense mencionar os municipios de Zaragoza e Barcelona, que ademais de desenvolver programas de xestión responsable de colonias de gatos da rúa, tamén advirten da protección destes animais con sinalización informativa.