Mañá rodeamos o Parlamento

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, acompañada de Rubén Pérez, responsable de organización de EU, fan un chamamento á cidadanía a participar nesta acción que vai a celebrarse a partir das 12:00 na estación de tren de Compostela e que coincidirá con accións semellantes en parlamentos autonómicos de todo o estado.

A executiva nacional de EU, organización que está presente dende o inicio no movemento 22M que agrupa a organizacións políticas, sindicais e sociais; considera que reclamar “pan, traballo e teito” resume a situación de profunda degradación democrática e social da nosa sociedade, unha situación real que non entende de macroindicadores económicos que agochan o que pasa nas nosas rúas e vilas.

Yolanda Díaz considera que accións como estas “visibilizan unha realidade que as maiorías parlamentarias do PP, como no caso de Galicia, tentan agochar nos debates: emigración xuvenil masiva, desemprego endémico, tasas de pobreza do 25%, especialmente graves no tocante á infancia, etc…”

ESQUERDA UNIDA lembra que especialmente grave será este 2014 cos compromisos de pago da débeda. Compromisos que foron adquiridos polo PP e o PSOE ao consagrar os recortes sociais modificando o artigo 135 da CONSTITUCIÓN para priorizar o pago da débeda ilexítima, en beneficio dos banqueiros e os seus intereses, esquencendo as necesidades do pobo.

 

ESQUERDA UNIDA considera esencial manter o espírito de loita e unidade que o 22M foi capaz de concretar, polo que chama á mobilización e participación activa da cidadanía especialmente neste contexto de restauración borbónica que pretende roubar o dereito a decidir da cidadanía.

Relacionados