Manicómicos vs Faranduleando

Un festival que debido a que a organización corría a cargo dunha asociación sen ánimo de lucro permitía desenvolver unha oferta de calidade a baixo prezo. Así, en lugar de apoiar o traballo de base, o asociacismo cultural e os valores locais  o Concello aposta por espectáculos foráneos de alto custe.

Esquerda Unida – Os Verdes considera moi grave que en tempos de crise o goberno municipal malgaste os cartos públicos, substituíndo Manicómicos por Faranduleando, espectáculo que semella duplica os custes. Esperemos que este repentino e inexplicábel cambio non responda a intereses espurios, por iso solicitamos que se fagan públicos os orzamentos das festas de María Pita para evitar suspicacias, porque de non actuar con transparencia o Goberno municipal perdería toda a credibilidade, toda vez que xa non é a primeira ocasión na que se suspende un evento asentado na cidade como sucedeu coa danza na rúa, para organizar en contrapartida un encontro de Artes para a integración que codirixiu Carlota Peréz, filla da edil de cultura.

 

Relacionados