A ALIANZA SOCIAL GALEGA convoca mobilizacións en diferentes cidades e vilas facendo un chamamento ao conxunto da sociedade para que saia á rúa masivamente a manifestar a súa oposición ás políticas do PP e a reclamar outras máis xustas e solidarias que beneficien o conxunto das galegas e galegos e non só aqueles que provocaron a crise.
Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á unidade de acción tanto sindical como social para combater as políticas que o capital está a impoñer sobre a vida da cidadanía provocando cada vez máis situacións de miseria e vulnerabilidade.