Manifestación contra as touradas

Este venres, día 2 de Agosto comeza na Coruña a feira taurina que rematará o domingo, apesares de que a meirande parte da poboación rexeita este “espectáculo” polo que se amosan contrarios a que ditas actividades se leven a cabo na nosa cidade. Recentemente máis de 22.000 cidadáns asinaron a moción popular en contra das touradas promovida por Galicia Mellor Sen Touradas que, agora, xunto a Libera e a Fondation Franz Weber convocan unha mobilización contra a feira taurina da Coruña. Así, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes participa, apoia e difunde a manifestación antitaurina que partirá do Obelisco o 4 de agosto ás 12:00h e rematará na praza de María Pita.

As touradas, ademais de enfatizar e promover a crueldade cos animais resulta unha pésima imaxe para unha cidade como A Coruña, onde coas alternativas actuais poderíamos promover contidos moito máis edificantes no eido cultural e social, demostrando un interese máis pola solidariedade e a integración, pola verdadeira creación artística que pola tortura animal. Por iso, Esquerda Unida chama aos coruñeses e coruñesas a participar na manifestación contra as touradas

un contexto no que o incremento de persoas en risco de exclusión social semella ser unha constante, semella obrigado centrar o investimento no social, con todo o Concello inviste máis en subvencionar ás touradas que ás ONG, pois todas, excepto tres, teñen menor orzamento.

 

Finalmente, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que rexeitamos que se destinen recursos públicos á promoción e desenvolvemento de espectáculos crueis cos animais como as touradas”.

Relacionados