Manifa contra a mina de Corcoesto

Santiago de Compostela, 4 abril de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na manifestación convocada para o vindeiro domingo, 7 de abril, contra o proxecto da mina de Corcoesto que está a impulsar a Xunta de Galicia e que suporá un novo ataque a noso país tanto a nivel medio ambiental como contra a saúde dos cidadáns.

Desde Alternativa Galega de Esquerda insisten na importancia de parar este proxecto que o goberno galego tramitou como “estratéxico” o que permite axilizar e facilitar todos os trámites precisos deixando a un lado o dramático impacto que terá na zona cun elevado impacto medioambiental con extraccións a ceo aberto con potentísimas detonacións que provocará a liberación de elevadas cantidades de arsénico ou emprego de sustancias altamente contaminantes como o cianuro de sodio.

Os tractores sairán ás once da mañá do campo da feira de Ponteceso onde se concentrarán previamente para despois circular ata A Carballa (Cabana de Bergantiños).

 

Relacionados