Manifestación defensa sanidade

 

 

As primeiras xa están a ter lugar neste mes de maio para confluír na manifestación que se vai a celebrar en Santiago o día 3 de Xuño, que a nosa organización apoia e xa está a traballar na súa difusión, chamando a unha participación masiva diante dun ataque de destrución tamén masivo á sanidade pública.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida chama a unidade de acción porque son tempos de defender na rúa o valor da sanidade pública gratuíta, universal e de calidade, como elemento de igualación social e dereito recollido na Constitución, e que sofre unha constante agresión por parte dos gobernos do PP encabezados por Feijóo e Rajoy, que pretenden reducilo a unha mero servizo de beneficencia, mediante recortes e privatizacións.

 

Somentes cabe a unidade, como a ferramenta de combate na defensa da Sanidade pública. A división traballa en favor dos designios privatizadores e de recortes en persoal e recursos que propugna o PP. Non é tempo de protagonismos e si de unidade e traballo colectivo, polo que “todas as entidades que compartimos a defensa do sanidade pública temos que traballar xuntas para derrotar as privatizacións e os recortes do PP”.

 

Esquerda Unida – Os Verdes chama a cidadanía a participares na manifestación en defensa da sanidade pública. A secuencia de recortes nos orzamentos do Estado e no RD Lei 16/2012 e as privatizacións que xa se están a producir no noso país esixen de todas e todos nós unha actitude unitaria, a prol do ben común que supón a sanidade pública. O PP pretende dinamitar o carácter integrador da sanidade pública mediante a vampirización dos insuficientes recursos que se dedican á sanidade pública, de xeito que este se reduza a atender ás capas traballadoras e migrantes con menos recursos económicos, como sistema de beneficencia.

 

Lembramos que a manifestación está convocada pola plataforma sos sanidade pública, da que forma parte eu, e sairá da santiaguesa praza da alameda as 12:00 h.

Relacionados