Manifestación do sector do lixo

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda quere amosar o seu apoio e solidariedade cos traballadores e traballadoras do sector do lixo na súa loita por defender os seus dereitos laborais e que mañá celebrarán unha manifestación que partirá ás 12.00 horas da plaza de Pontevedra da Coruña e rematará na Praza de María Pita baixo o lema ‘Non á estafa da basura, non a reforma laboral. Polo emprego, os convenios e os dereitos laborais’. Unha vez máis os traballadores e traballadoras do noso país teñen que saír a rúa para defender os seus dereitos ante os continuos ataques que están a sufrir amparados polas políticas contra a cidadanía que está a levar a cabo o Partido Popular.

Un conflito que afecta directamente aos empregados e empregadas da planta de Nostián xestionada pola empresa Albada pero que na súa orixe ten como causa as medidas impostas polo goberno do Estado que dan total impunidade aos empresarios e aniquilan os dereitos laborais máis elementais permitindo a redución de salarios, plantillas, empeoramento das condicións laborais entre outros moitos ataques a clase obreira que teñen que ver como día a día o Partido Popular traballa por os afondar aínda máis se con iso os seus ‘amigos’ obteñen beneficios.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relacionados