Manifestación Preferentes

 

O consello comarcal de EU apoia a mobilización de mañá sábado as 11:30 h. Que partirá da praza de Ourense baixo a convocatoria das plataformas de afectados por participacións preferentes e outros productos tóxicos. A organización de esquerdas e ecoloxísta quere expresar a súa solidariedade para coas familias aforradoras galegas estafadas por banqueiros sen escrúpulos, sobre os que espera que recaia todo o peso da lei.

 

Esquerda Unida – Os Verdes chama á cidadanía a participares na manifestación para plantar cara á banca, porque os auténticos culpábeis desta crise están a obter réditos da actual situación económica, obviando as necesidades da cidadanía centrando a súa aposta na economía especulativa en lugar de facelo sobre a economía real, a produtiva, debido a súa insaciábel voracidade de beneficios.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso indicou que “que os escándalos das preferentes e das indemnizacións millonarias, xunto coa a falta de crédito, son a mellor mostra da necesidade de exercer un amplo control democrático sobre as entidades financiarías e a creación dunha banca pública centrada na economía produtiva que permita fluír o crédito as empresas e as familias traballadoras. Un sistema diametralmente oposto ao fracasado das Caixas, onde o único control consistía en que algúns políticos formasen parte do consello de administración. Así pois a xestión da banca pública recaería en técnicos que se encargarían de executar anualmente as directrices marcadas polo Goberno”.

César Santiso, trasladou na concentración do xoves á responsábel de ADICAE, todo o apoio da súa organización na defensa dos afectados e mostrou a dispoñibilidade do seu grupo municipal para colaborar cos afectados en todo o que sexa posíbel.

 

Santiso saudou tamén a actuación da fiscalía sobre as indemnizacións millonarias, “semella indignante que en plena crise económica, onde cerca do 20% dos coruñeses e coruñesas atópanse en risco de exclusión social un grupo de directivos aos que sobran os dedos dunha man para contar embólsense 35,6 millóns de euros.

 

Neste sentido EU lembra que en outubro de 2011 presentou unha moción para que o Pleno do Concello instase aos directivos a devolver as desproporcionadas prexubilacións, e a dimitir todo os cargos públicos que votaron a favor das devanditas prexubilacións no consello de administración da entidade financeira, a que presenten a súa dimisión no dito órgano e devolvan os emolumentos cobrados, en base a súa manifesta incapacidade para exercer o control público que os seus cargos demandaban.

 

Asemade, Esquerda Unida lembra que no pleno de outubro aprobouse por unanimidade unha moción nese sentido, mais a día de hoxe algún concelleiro do PSOE segue sen dimitir,  incluso ocupando altísimos cargos, ademais non temos noticia de que ningún cargo público devolvese os cartos.

Relacionados