A manifestación partirá as 12:00 horas da Praza Europa do Burgo (Culleredo).
O consello comarcal de EU Coruña e o consello local de EU Cambre apoian a convocatoria de manifestación da plataforma en defensa da Ría do Burgo, unha convocatoria que se fai en beneficio da calidade de vida da cidadanía e en defensa dos postos de traballo do sector marisqueiro e da economía da nosa bisbarra.
Esquerda Unida considera que as Administracións publicas non están a acometer as inversións mínimas esixidas pola lei, como xa determinou a Unión europea. E o que é peor tanto a Admón. Central como a Xunta non ten intención seria de acometer nun futuro cércano o saneamento e tratamento de residuos.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou “resulta vergoñento que en pleno século XXI Europa teña que reprender aos poderes públicos españois por non ter feito os deberes en materia de saneamento”.