Ainda que recorda que se o bipartito (PSOE+BNG) puxeran a primeira pedra do novo Hospital de Vigo cando gobernaban hoxe o PP non estaría artellando esta xestión privada do mesmo. O PSOE e o BNG por inoperantes e por panfletarios (anunciando proxectos pero sen dar comenzo as obras con múltiples retrasos no mesmo) son corresponsables de que o capital privado vaia a facer “o seu agosto” coa sanidade pública.
En roda de prensa conxunta coa nº 2 da lista e traballadora sanitaria Eva Solla, Rubén Pérez dixo que convén lembrar que a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na “Lei 15/97 de Habilitación de nuevas formas en el sistema nacional de salud” foi apoiada no parlamento español polo PP + PSOE e os sucesivos intentos de IU de botála abaixo atoparon o voto negativo de PSOE e PP.
Rubén Pérez: “as políticas privatizadoras na sanidade pública son resultado das decisións parlamentarias do PP e do PSOE indistintamente”.
O candidato de ESQUERDA UNIDA considera que cómpre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ó PP.
O candidato de EU fixo un chamamento a mobilización activa pola defensa da sanidade pública, apoiando a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. Por iso pedimos a todos/as acudir á MANIFESTACIÓN que terá lugar en Vigo o día 27 de outubro, con saída ás 20:00 h con saída dende o Hospital Xeral.