Defendamos os Servizos Públicos

 

Esquerda Unida – Os Verdes participará con faixa propia na manifestación en defensa dos servizos públicos. A convocatoria realizada polo sindicalismo de clase semella necesaria para defender o Estado de benestar dos ataques do PP e para acumular as forzas sociais suficientes para derrotar unha política tan criminal no social  como inútil no económico, que lonxe de facernos saír da crise afunde o país na depresión provocando a ruína económica e o empobrecemento da sociedade.

 

O consello comarcal de Esquerda Unida chama a cidadanía a participares na mobilización convocada unitariamente polo sindicalismo de clase que partirá da praza de Pontevedra as 19:30 do luns 30 de xullo, para loitar contra os recortes e o desmantelamento dos servizos públicos. Unha convocatoria unitaria que saudamos dende EU e pola que levamos tempo pulando, xa que logo, celebramos que de novo as mulleres e homes que somos maioría e queremos unha sociedade con dereitos e servizos públicos,  saiamos as rúas de xeito unitario. Hoxendía a unidade das loitas e o requisito necesario para derrotar o PP e ás políticas de dereitas. Esquerda Unida vai continuar a traballar por xerar espazos de  colaboración e loita unitarios e plurais.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “non existe estado de benestar sen servizos públicos de calidade. O PP pretende degradar o público para ter a coartada necesaria para a súa privatización, pretende agasallar aos mercados a costa do ben común”.

 

César Santiso afirmou que “é moito o que nos xogamos as familias traballadoras porque queren acabar con todo, temos que dar a batalla tanto na rúa como nas institucións para impedir que cercenen os nosos dereitos. Porque hai alternativa é se pode saír da crise pola esquerda cunha tributación xusta e a loita contra o fraude que permita nutrir as arcas do Estado para, mediante investimento público, fomentar o cambio de modelo produtivo cara un máis sustentábel baseado nun alto nivel tecnolóxico, que sexa quen de reactivar a económica e xerar emprego ao tempo que se promova a produción de servizos a cidadanía, para vertebrar e cohesionar a sociedade, en lugar do actual sistema produtivista baseado na esaxerada produción de mercadorías que dificilmente pode consumir a cidadanía”.                              

Relacionados