Manifesto Orgullo 2011

 

O cal demostra os privilexios da Igrexa Católica na axenda política, na lexislación e en moitos máis aspectos. Neste novo Orgullo teño que demandar moito, máis razóns para rebelarnos, indignarnos e pasar á ofensiva.

 

O próximo mes de agosto, ten lugar a celebración en Madrid da Xornada Mundial da Xuventude (JMJ), coa presenza do Papa Benedicto XVI, cun custo estimado de 50 millóns de euros e co financiamento de empresas como o Banco Santander, o grupo Prisa, ou Iberdrola, cuxos donos son os actuais culpables da crise económica e aqueles que esixen que as transmaribibolleras nos “apertemos o cinto”. A súa colaboración será recompensada mediante desgravacións fiscais, e o acto será cualificado como un “acontecemento de excepcional interese público”. O Concello como a Comunidade de Madrid e o Estado comprometéronse a financiar tanto a seguridade do evento así como o a disposición de colexios públicos.

 

Todas xa sabemos que a institución eclesiástica practica activamente a homofobia, bifobia, lesbofobia, transfobia, e o heterosexismo, sinalando e discriminando a todo aquela persoa que se escape da norma, aínda que non compartan a súa mesma fe. A saúde non escapa dos seus dogmas, e así Benedicto XVI non ten ningún pudor en negar a efectividade do preservativo fronte ao VIH, con todos os riscos que supón que unha figura de autoridade esgrima argumentos deste tipo. Todo iso a través dunha posición de poder que ten a Igrexa Católica no noso país, non comparable con outros países da Unión Europea. Sen dúbida, herdanza do franquismo que nin o PP nin o PSOE quixeron tocar.

 

Por suposto que a Igrexa Católica non vai renunciar tan doadamente a todo o que foi seu durante moito tempo: a capacidade de someter as persoas, sobre todo ás mulleres e as transmaribibolleras aos seus dogmas a través de diversos métodos derivados dos seus privilexios. Isto tradúcese en considerar un modelo de sexualidade axeitada, exterminando e rexeitando todas aquelas posibilidades de vivir unha sexualidade diferenciada e afastada de fins meramente reprodutivos. As persoas bisexuais e/ou transexuais, por exemplo, foron perseguidas durante moito tempo nas súas cruzadas católicas, e non hai máis que recordar o papel da Igrexa durante os corenta anos de ditadura franquista e o trato que foron tendo as vítimas e a invisibilización de moitas das súas experiencias baixo o réxime. O alarmante é que as relacións co Estado non cambiasen demasiado e que mesmo se chegue criminalizar activistas que denuncian os privilexios eclesiásticos, como sucedeu coa acción-protesta da capela do campus de Somosaguas na Universidade Complutense de Madrid. Por isto e por máis, é necesario un afondamento democrático no relativo aos dereitos e liberdades relixiosas de toda a cidadanía, así como a constitución dun Estado laico, o que implicaría unha reforma constitucional. En todo momento falamos da xerarquía, que non da comunidade cristiá en si.

 

Ás transmaribibolleras estásenos a cargar coas consecuencias dunha crise que non causamos, dun déficit de democracia e dun modelo de estado arcaico. Parécenos un atentado aos nosos dereitos que se financie a LGTB-fobia con diñeiro público e que á súa vez, se nos deixe sen curro e sen casa baixo a escusa de que nos temos que “apertar o cinto”. Unha vez máis, tócanos saír ás rúas e esixir que non nolo imos apertar e que non imos pagar nin esta crise nin máis eventos nin institucións que promovan o odio e as fobias cara ás nosas vidas.

 

Dende ALEAS- EU consideramos que é necesario un orgullo máis crítico, reivindicativo e de esquerdas que nunca, pois a situación social e política non nos deixa doutra. É hora de volver demostrar que non nos conformamos co que xa temos e que non imos retroceder nin un paso atrás. Porque é inadmisible que a visita do Papa custe cen veces máis que a celebración de Orgullo LGTB, mentres os índices de homofobia, bifobia, lesbofobia e transfobia non deixan de aumentar nas aulas dos nosos institutos e colexios. Porque é necesario un reforzamento dos servizos públicos fronte ás privatizacións que nos someten a unha maior exclusión, así como o fin dos concertos con colexios católicos. Porque non queremos máis LGTB-fobia nin unha vida inmersa na precariedade. Porque as transmaribibolleras tamén somos clase obreira.

 

ESTADO LAICO XA!

ABONDA DE LGTBFOBIA CON DIÑEIRO PÚBLICO!

NOSOTRXS NON CHE ESPERAMOS!

Relacionados