Manuel Lago: “Un país xusto non pode tolerar que o 20% das traballadoras e traballadores sexan pobres”

Hoxe, ás 20:00h, celebrouse na Alameda de Esteiro de Muros un encontro coa veciñanza que quixo achegarse a escoitar as propostas de cambio e as políticas alternativas que ofrece En Marea.  Participaron o cabeza de lista Antón Sánchez, e os números 2 e 3 pola provincia Luca Chao e Manolo Lago.

O discurso de Antón Sánchez pivotou sobre a lembranza dos últimos 7 anos de agresións dos gobernos de Feijóo contra a maioría social galega: “A corrupción do PP é ilimitada: falamos de sobres, caixas B, diñeiro en Suiza…, pero a peor é a que está nas administración públicas traballando para os poderosos e para os seus amigos: fábrica de armas, Alcoa, AP9, as caixas… Nestes últimos tempos intentar adormecernos e fatigarnos para que esquezamos todo o que roubaron. Precisamos que vos mobilicedes e activedes o día 25: nós non prometemos o ceo, pero imos gobernar sempre poñendo as prioridades das persoas máis desfavorecidas por diante. Eles non poden seguir sangrando demograficamente, culturalmente ou medioambientalmente o país”

Manolo Lago asegurou que “un país xusto non pode tolerar que o 20% das traballadoras e traballadores sexan pobres”  Luca Chao insistiu na idea da”oportunidade histórica que temos de desaloxar ao Partido Popular para non deixar ninguén atrás nesta estafa que chaman crise. A oportunidade de poñer por primeira vez os intereses da cidadanía por diante: temos que atender as peticións desesperadas de xente que sofre inxustizas manifestas coma as xentes traballadoras do mar”, cun discurso centrado na rexeneración democrática e a saiba nova que representan as novas xeración incorporadas á política.

Relacionados