Marchas pola dignidade

traducido nos recortes que afectan a todos os eidos da vida das persoas, sanitario, educativo, laboral,… o dereito á vivenda e tamén a dignidade.

Esta marcha pola dignidade convocada para hoxe mércores 26 de febreiro, forma parte dunha estratexia de loita que o vindeiro 22 de marzo confluirá en Madrid con numerosas columnas que chegarán de diferentes puntos do estado.

A situación á que o capital e os seus lacaios están a someter á cidadanía, arrebatando os dereitos acadados coa loita de compañeiros e compañeiras durante décadas, só ten unha saída que é a unión da clase traballadora para derrocar a quen se erixe sin fisura para dirixir as nosas vidas. O futuro é noso e mudalo pende da unidade de loita frente ao inimigo común.

Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para que se una ás mobilizacións previstas para hoxe ás 20h por todo o país.

Relacionados