Presentación de Mariluz Canal

 

Na rolda de prensa participaron tamén o coordinador comarcal de EU Coruña e candidato á alcaldía, César Santiso e o responsábel de organización nacional e segundo cabeza de lista, Jorge Gil Morabes.

 

Inicio a rolda de prensa o responsábel de Organización, quen presentou a Mariluz Canal, avogada, integrante de la Asociación Xustiza e Sociedade de Galicia e do Movemento Progresista do Dereito Español, que involucra a diferentes Asociacións como a Asociación Xuíces para a Democracia ou Fiscais Progresistas. Foi unha das fundadoras da Agrupación de Avogados Mozos de Galicia, na década dos 80. Actualmente directiva do Foro Cívico, é unha coñecida e respectada feminista que tamén forma parte do COSAL (Comité de Solidariedade con América Latina) e da Asociación Galicia por Palestina.

 

Posteriormente tomou a palabra, a propia Mariluz quen reivindicou a súa independencia política, mais nesta ocasión tomou a decisión de apoiar o proxecto político que Esquerda Unida ten para A Coruña. Proxecto no que se sinte representada e que definiu como ilusiónante, participado, integrador, pragmático e transformador.

 

Por último tomou a palabra César Santiso quen agradeceu a colaboración de Mariluz Canal, mentres afirmaba que “dispor da experiencia dunha afamada defensora dos dereitos sociais e da igualdade entre mulleres e homes supón unha grande nova para os coruñeses e coruñesas de esquerdas, xa que logo, a incorporación na nosa candidatura de Mariluz, representa a constatación de que Esquerda Unida estase a converter na alternativa”.

 

Santiso indicou que “Mariluz Canal incorpora ao noso equipo experiencia, seriedade, prestixio e loita, significa a proba palpábel de que a esquerda social e a esquerda política poden camiñar da man cara a consecución dunha sociedade máis xusta.

 

Finalmente, o candidato á alcaldía expresou “que ninguén dubide que estamos construíndo alternativa, camiñamos con paso firme cara unha fronte ampla de esquerdas que sirva de ferramenta para transformar a sociedade a través da converxencia e a aceptación da pluralidade, apostando  polos valores que unen as distintas organizacións e sensibilidades da esquerda transformadora que son moitos e de maior calado que os que nos diferencian”.

Relacionados