Marquesiñas en San Xoán

 

As choivas empezan a facer acto de presencia no día a día e as/os veciñas/os non teñen donde abrigarse, e nos sitios donde hai marquesiña como na parada do bus escolar de San Xoán a marquesiña colocada polo grupo de goberno faí uns días debe ser mellorada.

É dicir retirou unha marquesiña toda rota e chea de maleza, despois da nosa demanda, e a sustitueu  por outra rota (lle falta un cristal) e toda oxidada.

Polo tanto, demandamos como fixemos na comisión de servicios, que polo menos se coloque o cristal e se pinte.

Recordamos que as/os vecinos/as de San Xoán dado que tamén pagan os seus impostos merecen marquesiñas en boas condicións e non que lles tomen o pelo.

Non queremos olvidar, como así o manifestamos na comisión de servicios, o estado lamentable das marquesiñas de Simou ,unha so ten a estructura e  á outra lle falta todo un lateral.

Relacionados