marquesif1a simou 18 novembro 2010 copiar.gif - 20.61 Kb

Marquesiñas para abrigarse?

 

Así temos que os/as veciños/as de Simou, Seaña e Yañez Badía poden situarse dentro da marquesiña pero a auga, e máis nestes días, sigue a mollalos.

 

Esta situación que vimos arrastrando dende faí bastante tempo, non atopa solución porque o Plan de Transporte Metropolitano de Ferrolterra, a pesares de estar aprobado dende faí meses polo pleno do concello de Mugardos aínda non se puxo en marcha.No mesmo ser recollía o compromiso da Xunta de dotar de novas marquesiñas nos lugares indicados polos concellos e despois a administración local se encargaría do seu mantemento.

 

Polo tanto, e dado que parece que a dotación de marquesiñas por parte do Plan de Transporte Metropolitano vaí a ser aprazada por un tempo longo, demandamos que o Concello renove esta marquesiña para que as/os veciñas/os non se sigan mollando á espera do autobus.

Relacionados