Masivas mobilizacións no 15-O

O pasado sábado 15 de outubro produciuse un fito histórico: millóns de persoas en todo o mundo saíron simultaneamente á rúa para demostrarlle aos poderosos que non somos mercadorías.

 

Demostraron que ante as agresións que estamos a sufrir as familias traballadoras, o camiño a seguir é a mobilización, a loita e a solidariedade internacionalista, como  único camiño para transformar a sociedade e transcender un sistema capitalista, depredador, inxusto e insustentábel.

 

O vindeiro sábado demostrouse a grande necesidade que ten a sociedade de compoñer unha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de loitar polo ben común, defender os dereitos da maioría social e erradicar dunha vez por todas a explotación do home polo home.

 

Esquerda Unida participou nas mobilizacións, como un axente social e político máis, para sumar forzas a loita da consecución dun mundo máis xusto.

 

Dende EU queremos animar a seguir loitando aos que o están facendo e a sumarse aos que aínda non se decidiron.

 

Grazas as masivas mobilizacións do 15-O os poderosos saben que a cidadanía non permanecerá calada diante das agresións dos avariciosos especuladores en complicidade coa pinza PPSOE.

 

A coruñesa Praza de María Pita ateigada coa bandeira republicana

Relacionados