#MatoNonNosDeixaSerNais

Estamos a ver como o Partido Popular está a aproveitar de forma completamente antidemocrática a súa ilexítima maioría absoluta no Congreso dos Deputados para levar a cabo todo tipo de reformas conservadoras e retrógadas para a sociedade, como ben pode ser a intención da modificación da Lei do Aborto do ministro Gallardón.

Entre outras moitas cousas, agora súmase que dende o Ministerio de Sanidade, a ministra Ana Mato pretende eliminar a reprodución asistida gratuíta a mulleres solteiras e lesbianas, salvagardando e impoñendo e outorgándolle así só ao modelo heteronormativo a posibilidade de realizar unha familia a través da medicina, implementando tamén as esixencias ás parellas heterosexuais para acceder á mesma.

Por outra banda, coa progresiva incorporación da muller ao traballo o momento da maternidade foise atrasando cada vez máis e, aínda por riba, as circunstancias de precariedade laboral actuais fan imposíbel plantexarse ser nai a unha idade temperá ma maioría dos casos. A limitación de idade aos 38 anos que o Ministerio de Sanidade propón, coarta a liberdade das mulleres a elixir cando ser nais e impón un modelo parcticamente imposíbel de acatar.

Dende ALEAS-EU rexeitamos esta política LGTBIfóbica e patriarcal que pretende impoñernos un modelo de vida que non estamos dispostas a asumir e denunciamos que o Partido Popular, con estas políticas, demostra que non só está ás ordes dos mercados e da Troika, senón que tamén está a acatar as asixencias que a Conferencia Episcopal lle dita, atacando de fronte ás mulleres en xeral e ás mulleres LGTBI en particular.

Ademais da nosa condena, ALEAS-EU apoia e aplaude a iniciativa da deputada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla, xa que vén de presentar unha PNL no Parlamento de Galicia onde se insta á Xunta non só a esixir o freo desta medida, senón tamén a ampliar os dereitos reprodutivos das mulleres galegas e a aumentar o persoal do Servizo de Saúde para mellorar a súa calidade. Será rexistrada tamén unha serie de preguntas para saber se a Consellería de Sanidade pensa asumir todos os supostos do Ministerio, entrando así en grave contradición co seu plan de ‘Incentivación Demográfica‘, recentemente aprobado, o que probaría a súa submisión, ao igual que o goberno central, á Conferencia Episcopal.

Basta xa da obediencia á elite eclesiástica que pretende controlar os nosos corpos e vidas! Basta xa da LGTBIfobia dos gobernos do Partido Popular! Seremos quen de continuar coa loita ata que todos so nosos dereitos sexan recoñecidos!

#MatoNonNosDeixaSerNais

Calquera sistema que construades sen nós, será derrubado…Leonard Cohen.

Relacionados