medioam.pegada_ecolox.jpg - 8.91 Kb

Convención de Medio Ambiente

 

 

 A Área de medio ambiente de Esquerda Unida prepara o seu programa de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, así a Área elaborou un borrador de programa que foi compartido cos afiliados de EU, colectivos ecoloxistas e persoas a título individual. Todas as achegas ou enmendas que se fagan ao borrador base serán debatidas na Convención Programática de Medio Ambiente e engadidas ao programa electoral.

Esquerda Unida – Os Verdes avoga pola participación cidadá como método para a elaboración do programa político, facendo deste xeito partícipe á cidadanía na vida política e demostrando que é posible facer política doutro xeito.

 A covención programática de medio ambiente de EU terá lugar este domingo 17 de xuño as 10:30 h. Na sede nacional sita na rúa Dublin nº 8 en Santiago de Compostela.

 

Esquerda Unida convida á cidadanía a participar na iniciativa e na elaboración deste programa de medio ambiente. A finalidade e a necesidade de que entre todos e todas podamos frear a desfeita e avanzar cara a xustiza ambiental e social nun momento no que a propia ONU advirte que ao actual ritmo de quecemento global e perda de biodiversidade, “non ten precedentes na historia da Humanidade”.

Relacionados