Esquerda Unida critica que o goberno municipal aprobe a Axenda Dixital mentres obriga á oposición a facer milleiros de fotocopias. Semella inconcibible que un goberno poida aprobar documentos nos que se fala de Administración electrónica, e promoción das TIC, cando aplica os criterios contrarios dentro do propio Concello, así o indicou o voceiro de EU-V, que compareceu diante dos medios de comunicacións cunha columna dunhas catro mil fotocopias que ocupaban de medio metro de altura correspondentes a última xunta de goberno local que curiosamente desenvolveuse o pasado veneres, tres días antes do pleno ordinario onde se aprobaba o proxecto de Axenda Dixital.
César Santiso explicou que a lo menos hai dúas xuntas de goberno ao mes, máis as comisións informativas e outros asuntos que van ao Pleno, polo que a cantidade de fotocopias por grupo municipal pode superar as 10.000 mensuais, si a iso engadimos que somos catro grupos municipais e que os grupos con varios concelleiros as veces teñen que facer varios xogos a cantidade resultante é indecente e bochornosa.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local malgasta recursos do concello co fin de dificultar a labor de control e fiscalización por parte a oposición, xa que a maior parte da información que hai que fotocopiar está en formato dixital dispoñible a través da intranet municipal pero o goberno municipal non quere dar acceso á oposición, proceso que sería fácil e rápido dei implementar sen custo, pois chegaría con crear un espazo na Intranet con acceso con DNI dixital ou achegar a información mediante correo electrónico cifrado con sinatura dixital, ou algún outro método semellante.
EU suxeriu en infinidade de ocasións a aplicación dalgún dos métodos anteriormente indicados, mais o goberno municipal mira cara outro lado. Así pois, si o goberno local coñece a situación e ademais sabe que a solución é inmediata, mais non fai nada queda claro que trátase de dificultar a labor da oposición, algo que debería preoucupar a todos os coruñeses e coruñesas, porque semella que o fai porque non está tranquilo coa súa xestión e ten cousas que agachar.
Con esta actitude o concello está a fagocitar recursos, tanto humanos como materiais e medioambientais, pois o custe na tinta dos tonners e outros elementos funxibles das fotocopiadoras, así como o tempo de empregados públicos ou persoal eventual dos grupos municipais.
Santiso, indicou que “conste que estamos totalmente a favor da Axenda Dixital, mais esta é unha nova demostración da incoherencia do PP, di unha cousa e logo fai a contraria”. O concelleiro insistiu na necesidade de desenvolver unha Axenda Dixital e explicou os motivos da abstención de EU-V:
“Non cabe dúbida de que a aposta pola tecnoloxía e o coñecemento semella imprescindible para saíres da crise, para mellorar os servizos á cidadanía, a calidade de vida da veciñanza, a sostenibilidade da cidade e o cambio do modelo produtivo local.
Así o levamos demandando en Esquerda Unida dende que chegamos a María Pita, magoa do tempo perdido por non atender as nosas propostas porque xa pasaron 18 meses e aínda estamos a dar os primeiros pasos nesta tarefa.
Aínda que coincidimos nun 99% co proxecto que se trae a aprobación a este Pleno, o documento que se presentou non deixa de ser unha mera enumeración de principios reitores, principios que apoiamos pero que ao noso entender non corresponde traer ao Pleno sen desenvolver.
A proposta que se pretende aprobar está falta do Plan Director, que é o documento real onde se deben concretar os devanditos principios reitores. Ao non facelo así o goberno municipal pretende que a oposición asine un cheque en branco para que o PP posteriormente faga e desfaga o que queira co dito proxecto baixo a lexitimación que lle concede o apoio da oposición.
Esquerda Unida – Os Verdes entende que non pode asinar o devandito cheque en branco porque de facelo sería faltar ao noso compromiso de fiscalización da labor do goberno municipal, coas máis de 10.000 persoas que apoian a EU-V, en definitiva sería un abandono de funcións pola nosa banda que de ningunha maneira podemos incorrer.
Por outra banda a Axenda Dixital é un proxecto de longo percorrido, dende o 2012 até o 2020, o que significa que non remetará nesta lexislatura senón na seguinte. De feito no 2015 so estará desenvolvida a primeira das tres fases que curiosamente non é executiva, senón que sentará as bases necesarias, como o propio texto indica. Esta situación é paradigmática pois o PP pretende desenvolver un proxecto no que estará implicado outro goberno municipal sen consensuar nada co resto de forzas políticas. Esta situación fainos dubidar sobre as verdadeiras intencións do goberno municipal, realmente pretende desenvolver este interesante proxecto o simplemente quere “dicir que fai” diante das faltas de propostas e accións encamiñadas a reactivar a economía e fomentar o cambio do modelo produtivo local”.