Melloras Agra pequena

 

As Asembleas de Barrio ten como obxectivo habilitar un canle de comunicación efectivo entre a veciñanza e o Concello que avance na participación cidadá e permita á cidadanía tomar decisións sobre as prioridades en investimentos municipais do seu barrio, xa que entendemos que son os veciños e veciñas os quen mellor coñecen cales son as principais necesidades do seu barrio.


Froito desta asemblea, na que se aprobaron 17 iniciativas para presentar no Pleno do Concello, Esquerda Unida, denuncia a falta de mantemento e infraestruturas no camiño de Someso á Universidade no barrio do Birloque. Xa que case non existen beirarrúas e as poucas que ai están sen limpar, non hai sinales de límite de velocidade e  acumúlase moreas de terra que dificultan o transito.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón incrementar a seguridade viaria na Agra pequena incorporando beirarrúas e sinais de tráfico xa que o camiño de Someso á Universidade case non dispón de beirarrúas e as poucas que existen atópanse invadidas de maleza, polo que esiximos a súa limpeza, este déficit unido a falta de sinais de limitación de velocidade constitúen un grave perigo para os peóns que o Concello debe resolver con urxencia.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “preguntaremos ao Goberno municipal por esta situación, tal e como mandatounos a veciñanza na II Asemblea de Barrio do Birloque”. Santiso anuncio que unha vez presentadas en Pleno todas as iniciativas e logo da resposta do Goberno municipal, desenvolverase unha nova Asemblea para dar conta dos resultados das xestións, así como o grado de compromiso do Goberno municipal.

 

Así, Santiso afirmou “unha vez máis, demostramos que cumprimos o que dicimos, ao contrario que outros que se dedican a pasear pola cidade para sacarse a foto pero sen intención real de xestionar os problemas da veciñanza”.

Relacionados