Melloras en S.Perdro de Visma

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que se atendan as reivindicacións da veciñanza de San Pedro de Visma, un barrio que ven reclamando nos últimos 10 anos unha serie de melloras, pequenas obras que poden ter gran repercusión sobre a vida dos habitantes pero que tanto PSOE como PP desestimaron por considerar que neste barrio xa se inviste gran parte do esforzo económico do Concello. Porén, esas melloras, coma o parque de Bens, son infraestruturas globais que dan servizo a toda a cidade.

Neste sentido, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha batería de preguntas de resposta escrita a fin de coñecer se o goberno municipal ten pensado habilitar a parcela colindante coa Igrexa en San Pedro de Visma que ten un terraplén que constitúe un risco para as persoas. O tenor literal das preguntas é o seguinte:

– ¿Ten pensado o Concello habilitar a parcela colindante coa igrexa, habilitando a mesma para o uso e goce dos veciños, cun parque con xogos para os pequenos, e unha zona que poda ser ocupada cando o barrio leve a cabo as súas festas ou outro tipo de eventos?

– ¿Sería posible habilitar nesta parcela un pequeno escenario ou palco no que poder organizar verbenas e outro tipo de eventos, así como habilitar unha nova pista con porterías de balonmán e cestas de baloncesto, xa que a antiga pista do barrio foi substituída pola casa do cura da Parroquia?

– ¿É consciente o Concello de que esta parcela supón, a día de hoxe, un risco para as persoas e os coches, xa que pode darse a circunstancia de que alguén caia polo terraplén?

– ¿Ten pensado o Concello limpar de maleza dita parcela, para evitar que esta maleza invada o viario ou as casas colindantes?

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta evidente que ao equipo de goberno do PP lle preocupa pouco ou nada a calidade de vida dos veciños, a situación de varias zonas deste barrio é lamentable e ninguén fai nada, nin sequera escoitan aos veciños”.

Relacionados