Un exemplo de esta falta de labores de mantemento, que nos barrios máis deprimidos se unen as carencias de planificación e dotación das infraestructuras máis básicas, é o estado de abandono e de falta de equipamento que presenta a zona de esparcimento que está na confluencia da rúa Alcalde Jaime Hervada coa rúa Alcalde Peñamaría de Llano do barrio de O Ventorrillo.
Unha área que debería ser un lugar de esparcimento para familias con nenos e nenas presenta un aspecto lamentable, unha falta de dotacións de xogos e equipamento evidente, estando ademais rodeada de zonas de maleza que serven como guarida a roedores e outro tipo de alimañas.
Esquerda Unida – Os Verdes non está de acordo con que en esta cidade a veciñanza do centro da cidade sexa de primeira categoría mentres que as familias traballadoras dos barrios carezan de dotacións ou que os equipamentos dos barrios sexan de moi inferior categoría e carezan do mantemento adecuado.
Non creemos que o Goberno Municipal permitise un caso semellante no centro da cidade, e por iso instamos ao Concello a que acometa unha reforma da área de esparcimento limpando o entorno, e dotando a mesma dos xogos e elementos necesarios para o seu disfrute por parte da veciñanza do barrio.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes levará unha pregunta no próximo pleno ordinario para saber se o Goberno Municipal pensa levar a cabo as accións necesarias para que o barrio do Ventorrillo sexa dotado das infraestructuras máis básicas, e mellorar o estado de abandono e de falta de equipamento que presenta a zona de esparcemento que está na confluencia da rúa Alcalde Jaime Hervada coa rúa Alcalde Peñamaría de Llano.
Para Esquerda Unida é imprescindible que o Concello loite por recuperar os barrios historicamente máis perxudicados e abandonados e que dispón de menos infraestructuras.