Melloras no bus de Visma

Porén, as melloras que o Concello di que son para o barrio, coma o parque de Bens, son infraestruturas globais que dan servizo a toda a cidade, mentres a veciñanza de Visma pide que se fagan pequenas obras que poden ter gran repercusión na vida dos habitantes do barrio. Esquerda Unida insta ao goberno municipal a mellorar a mobilidade en san pedro de visma ampliando as frecuencias do bus tal e como reclama a veciñanza de San Pedro de Visma, pois ninguén mellor que eles coñece cal é a situación do barrio e as súas necesidades.

En EU nos facemos eco das demandas veciñais e en base a elas, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha batería de preguntas de resposta escrita a fin de coñecer os motivos polos que o goberno municipal modificou a situación da parada de bus de San Pedro de Visma e para incrementar a frecuencia das liñas 12 e 14 na zona. O tenor literal das preguntas é o seguinte:

– ¿Por qué as liñas de autobús 12 e 14 non continúan uns metros ata a rotonda do Portiño, entrando no barrio e dando a volta na Igrexa de Visma, en lugar de rematar directamente no barrio de Roseiras, sendo o servizo destas vías moito máis inclusivo e conectando Visma co centro da cidade, Rolda de Outeiro, ou o CHUAC?

– ¿É consciente o Goberno Municipal de que a última modificación na parada do autobús de Visma foi prexudicial, no sentido de que a parada nova é moito máis insegura ao non desembarcar en beirarrúa, e non ter visibilidade para que os peóns podan cruzar?

– ¿Podería o Goberno Municipal cambiar a parada de autobús ao seu lugar orixinal, colocando á súa vez unha marquesiña para protexer aos veciños da choiva e o frío?

– ¿Sería posible que o Goberno Municipal aumentase a frecuencia dos actuais autobuses, ademais de incluír as modificacións antes expostas nas liñas 12 e 14?

 

Por outra banda, cabe lembrar o impacto positivo do autobús urbano para o medio ambiente, a saúde e a economía. Con políticas e investimentos máis decididos evitaríamos conxestión, contaminación e accidentes. Nesta liña, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Creemos que cando se fomenta o uso do transporte público colectivo dende o ámbito municipal se está achegando á cidade un beneficio social moi importante. En definitiva, apostamos polo valor do bus como unha ferramenta da política social, conectando as áreas máis desfavorecidas e afastadas cos puntos céntricos da cidade e de maior mobilidade social. Polo exposto, non podemos permitir que existan barrios na Coruña sen un bo acceso a este servizo básico e público.

Relacionados