Mercado de Carranza

 

Deterioro que lastra todas as súas posibilidades de crecemento, tendo cada vez máis postos pechados.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a definir con prontitude o futuro deste mercado, porque como sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU, “A veciñanza do barrio e as praceiras e praceiros non se merecen a desidia do Goberno Municipal”.

 

A nosa organización xa definiu no seu día a nosa postura favorable a acometer as obras necesarias para recuperar este servizo, que cumpre e podería cumprir mellor, unha importante función para a veciñanza do barrio máis populoso da cidade.

 

Para a nosa organización semella necesario que o Goberno Municipal acometa con cargo aos orzamentos deste ano unha actuación no mercado que sirva para mellorar o espazo e potenciar a súa función como servizo para as persoas do barrio.

 

Relacionados