Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda denuncia a actitude prepotente do alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, ante á situación de conflito xurdida a raíz das obras de no mercado municipal que obriga ao traslado dos placeiros opta pola vía da forza forzando polo desaloxo por parte da Garda Civil ás 6 da mañá de hoxe dos afectados que estaban pechados en sinal de protesta nas instalacións do mercado.
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, que estivo aos placeiros esta mañá en sinal de apoio e solidariedade lamenta que desde o Concello se poña en perigo os postos de traballo do mercado impoñendo o traslado sen explicacións para acometer as reformas na cuberta do inmoble. Os afectados que reclaman era que o alcalde polo menos informara dos prazos de realización das obras o único que recibiron como resposta foi unha orde de desaloxo o que evidencia unha vez máis a postura do Partido Popular implacable cos débiles e submiso cos fortes.
O deputado Antón Sánchez destacou a importancia do mercado municipal fundamental para a economía local do municipio e reiterou o apoio do grupo parlamentar de AGE cos traballadores e traballadoras facendo un chamamento aos veciños e veciñas de Pontedeume para se solidarizar cos placeiros para tratar de poñer límite á actitude ditatorial do alcalde e apoiar aos placeiros nas súas xustas demandas.