Mercado de Pontedeume

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, reuniuse esta mañá cos traballadores e traballadoras do mercado de Pontedeume que lle trasladaron a súa inquedanza ante a situación que desde o goberno local tentan impoñer co traslado sen explicacións para acometer reformas na cuberta do inmoble.

Os traballadores e traballadoras do mercado de Pontedeume, fundamental para a economía local do municipio, destacaron a actitude pouco disposta ao diálogo do alcalde, Gabriel Torrente quen nin tan sequera informou dos prazos de realización das obras para que os afectados podan coñecer o tempo polo que terán que ser trasladados a outro local que engaden, non conta coas condicións necesarias para desempeñar a súa actividade.

Alternativa Galega de Esquerda manifestou o seu total apoio aos traballadores e traballadoras nas súas xustas demandas e denunciou a actitude ditatorial que está a manter o alcalde de Pontedeume que en lugar de empregar a vía do diálogo cos afectados pretende impoñer sen explicación algunha un traslado que pon en risco os seus postos de traballo.

Relacionados