Brutalidade policial

Esta mañá houbo de novo malas maneiras, empurróns, fallas de respecto e violencia sobre a cidadanía e responsables públicos que se atopaban defendendo a unha cidadá que ía ser botada da súa casa. Unha vez máis os excesos policiais rematan con feridos,  son os mercenarios dun sistema apodrecido e gobernado polo capital, os que reparten xustiza sen rubor.

Esquerda Unida denuncia o ejercicio brutal da violencia nun novo desafiuzamento na  cidade da Coruña. A deputada Yolanda Díaz ou o concelleiro  César Santiso sostiveron coa súa participación o dereito das persoas a ter un teito onde vivir. Semellante demanda deparoulle empurróns e violencia sobre o concelleiro de EU-Os Verdes na cidade herculina.

A Executiva nacional de Esquerda Unida considera que a política do PP tamén ante os desafiuzamentos é deplorable, a violencia e a inxustiza son as súas divisas. Segundo anotou o verso rebelde de Brecht, hai moitas maneiras de matar, entre outras quitarnos o pan ou empurrarnos ao suicidio; demasidas maneiras de matar restan sen tipo delictivo no actual código penal, sempre tan comprensible cos banqueiros, defraudadores e especuladores e tan inflexible coa cidadanía traballadora.

Yolanda Díaz pregúntase pola tan publicitada como falsa moratoria: “Mentía o presidente Feijóo, a súa política en materia de vivenda son os paus e botar a rúa ás persoas para satisfacer o seu pacto miserable cos banqueiros”. A deputada vai reclamar que se depuren as responsabilidades diante do exercicio de brutalidade que deu no solo e golpeados a diversos representantes públicos de EU e BNG trala multitudinaria acción policial, como case sempre escudada no anonimato, ao negárense a identificarse os axentes. Sen identificación e coa núa linguaxe parda da violencia se tenta  cometer outra inxustiza máis sobre una persoa portadora de dereitos, sobre un colcetivo cidadá que posúe dereitos que non se poden violentar.

Hoxendía é una minoría sen moralidade a que tenta axeonllar os nosos dereitos e liberdades. EU vai manter na rúa e nas institucións una loita implacable na defensa de case todos e todas nós, porque somos una inmensa maioría traballadora os que non nos prestamos a ser monicreces do poder económico, como os políticos que hoxe defenden ás empresas que os contratarán mañán.

 

 

Relacionados